Victoria Villar Sanjurjo

Entre vento e treboada

ISBN:978-84-18840-29-6

Sinopsis:

Neste intenso e intimista poemario, Entre vento e treboada, que a autora escribiu trala perda prematura da súa filla maior, cada poema pode sentirse coma único, expresándose cada emoción nun contexto particular e variado ó que o lector pode acceder fácilmente e achegarse con familiaridade. A brevedade de gran parte dos poemas contribúe tamén á formación dunha experiencia fugaz que, nembargantes, permanece e perdura conforme a lectura progresa e remata.

Son estas liñas cheas de sons e silenzos, do cotián e do trascendente coma parte da mesma perspectiva autorial, partitura debatíndose entre realidades por veces distantes que conflúen con naturalidade ó longo do seu percorrido.

Tamaño: 150 x 210 mm
Páginas: 70
Encuadernación: 
Rústica fresada con solapas

Biografía de la autora:

Victoria Antonia Rúa García (1913-2003)
Naceu en A Coruña ainda que pronto se trasladou coa familia á lucense provincia veciña. Estudou Maxisterio en Lugo e casou con Manuel Villar Paz, con quen se trasladou a Vilalba (Lugo). Conservou sempre o seu gusto pola leteratura, téndolle especial afición a Rosalía de Castro. “A rima non consiste en encaixar á forza as verbas”, foi un dos seus consellos preferidos ó respecto. Entre vento e treboada son os seus poemas póstumos, escritos trala perda prematura da súa filla maior, Mª Victoria de los Milagros E. Villar Rúa (1948-1969). Deus as garde.

APÚNTATE A NUESTRO BOLETÍN